Rois entusiasma.

concello-rois

Benvidos e benvidas a Rois!

Este concello nace como concello no século XIX cunha superficie próxima aos 93 quilómetros cadrados. As doce parroquias do municipio son Augasantas, Buxán, Costa, Ermedelo, Herbogo, Leroño, Oín, Ribasar, Rois, Seira, Sorribas e Urdilde.

O patrimonio arquitectónico conta con moitos núcleos de interese nos que se atopan construcións civís típicas que aínda manteñen hórreos, pombais ou alpendres. Tamén se encontran estruturas de uso comunitario, como fontes, lavadoiros, muíños ou pontes que seguen en funcionamento en moitos dos casos.

Queres descubrir todo o que nos ofrece este concello? Imos alá!

Situada nun val, cos seus irmáns Dodro e Padrón, imos a coñecer máis o municipio de Rois!

situacion-rois

Rois, un lugar verde, un lugar onde vivir.

TERRAS DE IRIA

PERCORRE ROIS

compo-rois

Evolución e uso do solo

montañita

A análise dos cambios en relación á superficie total de cada uso mostra que os usos máis estables nesta área foron o terreo agrícola, que mantivo o 63 % da súa superficie orixinal, así como o arborado procedente de plantación, que mantivo o 62 % da súa superficie anterior.

Pola contra, o cambio máis estendido foi o da repoboación forestal, especialmente en terreos con arborado procedente de revexetación e en terreos de matogueira (32 % da superficie orixinal en ambos casos). A cobertura que máis cambios sufriu foi a do arborado procedente de revexetación, que tan só mantivo un cuarto da súa superficie orixinal, mentres que máis dun terzo converteuse en arborado procedente de plantación e outro tanto en superficie agrícola (31 % da superficie orixinal). Estas transformacións foron compensadas pola revexetación, fundamentalmente de mato.

Do anteriormente mencionado extráese que, na área de Galicia Central, tanto a superficie agrícola como o arborado procedente de plantación gañan superficie, a expensas fundamentalmente do mato. Estes feitos indican un aproveitamento agroforestal intensivo da área tanto dende o punto de vista agrícola como do forestal.

parroquia-rois

Sabías que...

PRAIA FLUVIAL DE SEIRA

Entre o múltiples ríos do municipio, encóntrase o Río Rois, onde forma unha praia de auga doce en Seira. Con augas claras e árbores frondosas. Conta cunha zona de baño e outras de pesca. Pódense atopar diversas mesas de pedra dispostas para o uso público e unha pequena presa.

mapa-solo
lenda-parroquias

Litoloxía

litoloxia-1
litoloxia-2

Terras de Santiago - A Barcala

A superficie do concello de Rois está caracterizada por ser un terreo de granitoides alcalinos, os cales constan dun conxunto de rochas ígneas de gran groso onde predominan o cuarzo, plagioclasa e feldespato alcalino.

Ademáis do anterior, según os rexistros consultados (visualizador de mapas da Información xeográfica de Galicia), tamén se pode observar concentracións de granitoides calcoalcalinos, depósitos detríticos da idade cuaternaria e xistos e metavulcanitas.

lenda-litoloxia
libro

Cultura e Patrimonio en Rois

mapa-patrimonio-rois
lenda-patrimonio

En Rois SOMOS cultura, patrimonio… Neste apartado facemos un percorrido polos principais elementos culturais e patrimoniais da nosa vila: elementos e lugares que representan a creatividade e a historia da nosa xente.

Consulta as nosas fichas de patrimonio:

Vive o Patrimonio Natural e Cultural en Rois, cas súas rutas de sendeirismo, territorio ciclista, praia fluvial e o seu patrimonio arqueolóxico, arquitectura relixiosa e civil e popular.

Entre as rutas de senderismo podemos atopar a ruta das Penicias e a ruta do Castro Lupario. A primeira ruta prodúcese polo lado do río Rois por unha zona escarpada, comezando na igrexa de San Mamede. A segunda ruta, parte do xardín cultivado en memoria das vítimas do accidente do tren Alvia en Angrois no 2013.

O concello na súa páxina principal destaca unha sección de territorio ciclista, onde afirma ter camiños pouco transitados e outros o pé dos ríos, podendo disfrutar da súa natureza dunha forma cómoda e segura.


Ruge la presa lejos…, y, de las aves nido, Fondóns cerca descansa; la cándida abubilla bebe en el agua mansa donde un tiempo he creído de la esperanza hermosa beber el néctar sano, y hoy bebiera anhelosa las aguas del olvido, que es de la muerte hermano; donde de los vencejos que vuelan en la altura, la sombra se refleja; y en cuya linfa pura blanco el nenúfar brilla por entre la verdura de la frondosa orilla.

Dentro do Patrimonio arqueolóxico, no concello coñécese a lenda da raíña Lupa e diversa información sobre as parroquias do lugar.

ruta-penicias
dia-bicicleta
socastro

GASTRONÓMICA

TERRA

gastronomia
lenda-productos

A zona de Rois, como se pode observar no apartado da ocupación do solo, gran parte da súa área está ocupada por áreas de cultivos. Dentro dos mesmos, aínda que non é o único que se cultiva no lugar, destácase como produto de explotación en común co municipio de Padrón os pementos de Herbón.