Montes de Galicia

Info sobre a orixe das Comunidades de Montes de Galicia

Orixe das comunidades de Montes

Antes de centrarnos en como se orixinaron as comunidades de montes, definiremos dous conceptos: o que é un monte veciñal en man común e o que é unha Comunidade de Montes en Man Común, que é a forma administrativa maioritaria (por non dicir única) de Comunidade de Montes en Galicia.

montes-2

CC by Miguel

  • Monte veciñal en man común: Constitúe un ben inalienable, indescriptible e inembargable que pertence a unha agrupación veciñal.


  • Comunidade de Montes en man común: Refirese a comunidade de veciños propietaria de un monte en man común con plena capacidade xurídica para o cumplimento dos seus fins e a defensa dos seus dereitos, sobre o monte e os seus aproveitamentos así como a súa administración e disposición.
montes

Tendo esto en conta, remontarémonos séculos atrás.

A orixe dos montes veciñais sitúase na organización social prerrománicacastrexa dos callaicoi, herdeira do comunitarismo primitivo das sociedades anteriores máis cun desenvolvemento da xerarquía social. Sobre a sociedade castrexa impúxose a xerarquía social romana mudando algunhas formas de explotación do medio.

Cando o pobo xermano dos suevos instálase na antiga Gallaecia no século V se alía cos galaicos, crean o Primeiro Reino da Europa medieval. Así, crearon unha estructura administrativa e nacional propia no mundo coñecido, con alianzas exteriores, fronte aos visigodos.

Coa implantación da Igrexa no Reino de Galicia, como institución, formalizouse a distribución do territorio en parroquias, as cales se manteñen invariables ata o día de hoxe.

Coa invasión dos pobos xermánicos foi onde se adoptou o dereito xermánico, que son o conxunto de normas polas que se rexían ese pobos. Non posuían unha lexislación escrita, polo que se rexían baixo o dereito consuetudinario, tamén chamado “de usos e costumes”. Era un conxunto de normas xurídicas que se acordaban despois de feitos que se producían repetidamente no tempo e nun territorio concreto.

suevos

Para que unha conduta se cualifique como costume e teña efectos xurídicos, precisa de dous elementos imprescindibles:

Uso xeneralizado e repetitivo:



Considérase costume un comportamento realizado por todos os membros dunha comunidade, esta conduta debe ser reiterada no tempo, sendo parte integrante do común actuar dunha comunidade.

Conciencia de obrigatoriedade:

Todos os membros dunha comunidade deben considerar que a conduta común ten unha autoridade que os obriga.

Considérase que figuras como as relacións xurídicas mancomunadas ou a comunidade de bens proceden directamente do dereito xermánico, dado que o dereito romano baseábase na idea de propiedade individual.

mapa

Volvendo máis preto no tempo, despois da Guerra Civil, nos anos 40, 50 e 60, a realización de consorcios entre o “Patrimonio Forestal del Estado” e os concellos, non só impide a xestión dos montes polos veciños, senon que altera os equilibrios dos agrosistemas, substituindo uns manexos multifuncionais por una orientación forestal autárquica, productivista e excluínte de calquer outro uso. Pero en algúns casos, as comunidades están sabendo buscar novas formas de reintegrar os montes ao territorio, reaproveitando saberes e usos coñecidos polas aldeas e reinventando una nova multifuncionalidade alonxada dos monocultivos forestales.

Así chegamos aos anos 70, onde os veciños das diferentes parroquias do termo municipal, como propietarios que habitualmente viñan aproveitando os montes, e segundo o artigo 1º da Ley de Montes Veciñais en Man Común do 27 de Xullo de 1968 e o artigo 2º do Regulamento para a súa Aplicación de 26 de Febreiro de 1970, solicitaban a iniciación dos correspondentes expedientes de clasificación dos Montes Veciñais en Man Común, propiedade da parroquia á que pertencían ou cuxa propiedade estivo relacionada co grupo de veciños de cada parroquia.

Isto ven a demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso país, senón tamén como claro indicador económico e productivo. É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. A administración debe ser un aliado das comunidades de montes a hora de acadar esa visibilidade social e tamen unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de por a producir os nosos bosques. O monte veciñal debe ser un dos principais motores de emprego local e neste senso, as Comunidades serán as que dirixen a segunda fase do ciclo productivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro, producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental.