O noso é o noso

Turismo verde por Terras de Iria

Rutas de sendeirismo

Nova ruta

Ruta Rosalía nos Camiños

O 21 de maio do 2022 inaugurouse a ruta Rosalia nos Camiño promovida polos concellos de Padrón, Rois e Dodro xunto coa Fundación Rosalía de Castro.

Na camiñata inaugural participaron 150 persoas e durou 2 horas e media. Visitaron os puntos mais emblemáticos da ruta. Esta ruta está sinalada por pedras de granito que teñen esculpida na súa parte superior una folla de figueira de cor vermella.

Inicio

Fin

Ruta Completa

Dificultad física

Estatua de Rosalía de Castro

Espolón de Padrón

15,34km

Media

Presentación da ruta de senderismo 'Rosalía nos camiños' - FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

Ruta do Castro Lupario

Ruta circular de pouca dificultade que inclúe un trazado base e tres variantes, as cales se sitúan entre os 3,8 e 4,5 quilómetros. O percorrido discorre polo Pazo do Faramello, Angueira de Castro e a ponte Paradela. A ruta circular de Castro Lupario foi deseñada conxuntamente polos concellos de Brión e Rois.

Ruta das Penicias

Ruta circular de pouca dificultade con saída e chegada na igrexa de San Mamede de Rois. A lonxitude é de 8,5 km, pero só se pode facer a metade. A ruta discorre polas parroquias de Rois e Buxán e pasa polas aldeas de Rois, Infesta, A Casa do Porto e Buxán.

Rutas circulares

Cruz de Avelán

Este camiño discorre polo monte da Cruz do Avelán e móstranos a poboación máis dispersa de todo o concello.

Alto da Paxareira

Este itinerario transcorre polo monte Valouta. Ao longo do percorrido poderemos coñecer a arquitectura tradicional das súas casas e hórreos.

Lestrobe

Este itinerario mostra o patrimonio histórico, etnográfico e cultural. Ademais, descubrirase a súa contorna descubrindo rastros e pegadas de animais e os misterios dunha pequena fragua.

Ruta da Pedronía

Ruta de Santiago a Padrón que rememora a antiga ruta de peregrinación xacobea na que os peregrinos finalizaban o camiño en Padrón logo de chegar a Compostela, xa que, según a tradición foi onde se desembarcou o corpo do Apóstolo, traído dende Palestina.

Ruta do Pemento de Herbón

Ruta circular que mestura os elementos patrimoniais e culturais da parroquia de Herbón co pasado e o presente do seu icónico produto: o pemento de Herbón.

Ruta Camilo José Cela “Del Miño a Bidasoa”

Percorrido por seis lugares de Padrón presentes na obra “Del Miño al Bidasoa”, do premio nobel Camilo José Cela.

Roteiro Rosaliano de Padrón polos camiños

Ruta que transcorre por lugares de Padrón esenciais na vida da escritora galega máis universal, Rosalía de Castro.

Ruta Literaria Camilo José Cela en Padrón 1

Esta ruta transcorre por distintos lugares de Iria Flavia, localidade natal do Premio Nobel de Literatura, Camilo José Cela, e tamén lugar onde está enterrado, por propio desexo do escritor.

Ruta Literaria Camilo José Cela en Padrón 2

Ruta a pé que transcorre por lugares de Padrón mencionados polo Premio Nobel de Literatura, Camilo José Cela na súa obra Camilo José cela. “Memorias, entendimientos y voluntades”

Ruta Literaria Camilo José Cela en Padrón 3

Ruta a pé que transcorre por lugares de Padrón mencionados polo Premio Nobel de Literatura, Camilo José Cela na súa obra Camilo José cela. “Memorias, entendimientos y voluntades”

Ruta de Bandín

Ruta lineal situada aos pés do Castro Valente, que nos leva ata a fonte da Virxe.

Ruta Padrón Xacobeo

Ruta circular en Padrón percorrendo os principais recursos xacobeos. O Pedrón, O Santiaguiño do Monte e a Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia.

Ruta Padrón Literario

Ruta circular en Padrón percorrendo os principais recursos literarios da localidade. Padrón é unha vila que conta cunha longa e histórica tradición literaria, sendo berce de autores do porte de Macías o Namorado, Juan Rodríguez de la Cámara, Rosalía de Castro, Nicasio Pajares Ogeros, Manuel Vázquez Castro ou o premio Nobel de Literatura, Camilo José Cela.