Termos de uso

1. Estas condicións xerais regulan o acceso e emprego deste sitio web que Xuventude en Acción 2021 (Dodro, Padrón e Rois) pon, con carácter informativo, a disposición dos usuarios para un uso persoal e gratuíto. O acceso ó uso deste sitio web atribúe a quen o realiza a condición de usuario, aceptando, dende ese mesmo momento, plenamente e sen reserva algunha, as presentes condicións xerais de uso do sitio web, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web, as cales entenderanse aceptadas polo propio uso de tales servizos.



Xuventude en Acción 2021 (Dodro, Padrón e Rois) resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida no seu sitio web, da configuración e presentación deste.



2. O usuario comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e o orde público. Así mesmo, queda prohibido, o uso do sitio web con fins ilícitos ou lesivos contra Xuventude en Acción 2021 ou calquera terceiro, ou que, de calquera maneira, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web. Os usuarios que accedan a este sitio web están expresamente autorizados para a visualización de toda a información, a impresión e descarga parcial do contido do sitio web só e exclusivamente se concorren as seguintes condicións:



Que sexa compatible cos fins do sitio web. Que se realice co exclusivo ánimo de obter a información contida para uso persoal e privado. Prohíbese expresamente a súa utilización con fins comerciais ou para a súa distribución, transformación ou procesamento. Que ningún dos contidos relacionados neste sitio web sexan modificados de xeito algún. Que ningún gráfico, audio, icona ou imaxe dispoñible neste sitio web sexa utilizado, copiado ou distribuído separadamente do texto ou resto de contido que o acompañan. Os dereitos de propiedade intelectual do sitio web Terras de Iria, o seu deseño, estrutura de navegación, ordenación e presentación, código fonte e programación, texto, gráficos, logotipos e distintos elementos nel contidos son titularidade de Xuventude en Acción 2021 (Dodro, Padrón e Rois). Respecto a información, citas, audios, videos, imaxes de terceiros que, no seu caso poidan aparecer, Xuventude en Acción 2021 (Dodro, Padrón e Rois) recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual.



Xuventude en Acción 2021 (Dodro, Padrón e Rois) non garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso ó sitio web ou ó seu contido, nin que este se atope sempre e en todos os casos actualizado. Xuventude en Acción 2021 (Dodro, Padrón e Rois) levará a cabo, sempre que non concorran causas que o fagan imposible ou de difícil execución, e tan pronto teña noticia dos erros, desconexións ou falla de actualización nos contidos, todas aquelas labores tendentes a emendar os erros, restablecer a comunicación ou actualizar os contidos.



Xuventude en Acción 2021 reservase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, as modificacións e actualizacións da información contida no sitio web, estrutura, deseño, configuración e presentación deste e as condicións de uso do mesmo.