Quenes Somos?
Somos alumnos/as do programa Xuventude en Acción 21/22 organizado polos concellos de Padrón, Rois e Dodro e formados na especialidade de Confección e Publicación de Páxinas Web.
Este obradoiro de emprego tivo unha duración de 12 meses e estivo formado por 15 alumnos/as – traballadores/as de ditos concellos. Neste período de tempo a nosa función foi a de formarnos, para posteriormente, presentar un proxecto de páxina web sobre as Terras de Iria.
2021.terrasdeiria.com é unha web na que se pode atopar a orixe histórica da Comarca do Sar, información sobre as comunidades de montes, rutas de sendeirismo, un catálogo de paisaxes, e moito máis.
Por outra banda, destacamos o Camiño de Santiago e o seu paso pola nosa comarca así como unha nova ruta chamada Rosalía nos Camiños creada polos tres concellos que compoñen Terras de Iria.
Esperamos que vos guste!