Padrón namora.

Benvidos e benvidas a capital do Sar!

Situada nun val entre os ríos Sar e Ulla, a vila de Padrón é terra de historia, tradicións e cultura.

Coñecémolo un pouco máis?

O topónimo da vila procede de "pedrón" (do latín "Petronem"), do altar de orixe romana adicado ao deus Neptuno, localizado orixinalmente na beira esquerda do río Sar e levado no século XV ao interior da igrexa parroquial de Santiago de Padrón.

O concello, dunha superficie de 48,37 km², abrangue 5 parroquias. Está situado ás beiras do río Sar, xa na súa desembocadura na confluencia do río Ulla e a Ría de Arousa. Limita ao noroeste co concello de Teo, ao sueste coa Estrada, ao sur con Pontecesures, ao suroeste con Dodro e ao noroeste con Rois.

Queres descubrir todo o que nos ofrece este concello? Imos alá!

Situada nun val, cos seus irmáns Dodro e Rois, vamos a coñecer máis o municipio de Padrón!

ubicacion-padron

Todo acabó quizás, menos mi pena, puñal de doble filo; todo menos la duda que nos lanza de un abismo de horror en otro abismo.

Rosalía de Castro

CC by Noel Feans

TERRAS DE IRIA

PERCORRE PADRÓN

tres-mapas-padron

Evolución e uso do solo

montañita

A análise dos cambios en relación á superficie total de cada uso, mostra que os usos máis estables nesta área foron o terreo agrícola, que mantivo o 63 % da súa superficie orixinal, así como o arborado procedente de plantación, que mantivo o 62 % da súa superficie anterior.

Pola contra, o cambio máis estendido foi o da repoboación forestal, especialmente en terreos con arborado procedente de revexetación e en terreos de matogueira (32 % da superficie orixinal en ambos casos). A cobertura que máis cambios sufriu foi a do arborado procedente de revexetación, que tan só mantivo un cuarto da súa superficie orixinal, mentres que máis dun terzo converteuse en arborado procedente de plantación e outro tanto en superficie agrícola (31 % da superficie orixinal). Estas transformacións foron compensadas pola revexetación, fundamentalmente de mato.

Do anteriormente mencionado extráese que, na área de Galicia Central, tanto a superficie agrícola como o arborado procedente de plantación gañan superficie, a expensas fundamentalmente do mato. Estes feitos indican un aproveitamento agroforestal intensivo da área tanto dende o punto de vista agrícola como do forestal.

parroquia-padron

Sabías que...

O CANÓN DO LAPIDO

É un val profundo escavado polo río Ulla ao seu paso polo Lapido. No ano 2018, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido restaurou un antigo vertedoiro á beira da estrada que vai de Herbón a Carcacía como miradoiro, desde o que se pode ver o canón, as pesqueiras da Trapa e do Prateado, así como o Castro Valente á fronte.

parroquias-padron-1
lenda-parroquias

Litoloxía

litoloxia-1
litoloxia-2

Terras de Santiago - A Barcala

A superficie do concello está caracterizada por ser un terreo de granitoides alcalinos, os cales constan dun conxunto de rochas ígneas de gran groso onde predominan o cuarzo, plagioclasa e feldespato alcalino.

En Galicia Central pódese observar concentracións de calizas, dolomias e magnesitas por encima.

lenda-litoloxia
libro

Cultura e Patrimonio en Padrón

mapa-festas-padron
lenda-patrimonio

En Padrón SOMOS cultura, patrimonio… Neste apartado facemos un percorrido polos principais elementos culturais e patrimoniais da nosa vila: o #PadrónXacobeo, museos… elementos e lugares que representan a creatividade e a historia da nosa xente:

Padroneses e Padronesas! #PadrónCultura

Consulta as nosas fichas de patrimonio:

Vive o Patrimonio Natural e Cultural en Padrón. Abre ben os ollos ante as propostas que che presentamos. Galicia e os seus espazos máxicos, salvaxes e protexidos. A súa arte, a súa arquitectura, as súas igrexas, catedrais, conxuntos histórico artísticos, arquivos, bibliotecas, museos, praias, rías, parques etnográficos, miradoiros, áreas de recreo.

Comezamos este percorrido facendo a primeira parada na Casa Museo Rosalía de Castro. A familia de Rosalía de Castro trasladouse a esta vivenda da Matanza en 1883. Rosalía morreu o mediodía do 15 de xullo de 1885. Entrou na morte coa mesma humildade coa que viviu, cun ramallo de pensamentos na man. “Abride a fiestra que quero ver o mar”. O mar que quixo ver no momento final era o da ría de Padrón... No outono de 1947 créase o Padroado Rosalía de Castro, co fin de arranxar a Casa da Matanza, na que Rosalía de Castro viviu os derradeiros anos da súa vida. Restaurouse en 1971, converténdose en Casa-Museo no 1972. A Fundación, que continúa o labor do Padroado, é a actual propietaria.

Seguimos o noso percorrido ata atopar o lugar onde se xuntan o río Sar e o río Ulla. O punto actual da desembocadura non é o orixinal, posto que este modificouse coa canalización do Sar, máis os meandros orixinais aínda se poden apreciar no terreo, mantendo estes o nome de río Sar Vello. Unha vez dado este paseo e deixarse embelesar pola beleza natural seguimos a nosa ruta para coñecer a Casa de Macías o Namorado.

Macías O Namorado foi un trobador e poeta medieval, nado en Padrón no 1340, de familia nobre e educado nas letras e nas ciencias. O seu lugar de nacemento é Sande (Carcacía), segundo o franciscano Juan Rodríguez del Padrón (Padrón, 1390-1450), tamén padronés e trobador, que ao relatar a historia de Ardalier y Liesa na súa primeira obra El Siervo libre de amor (1439) escribe:

“El buen Maçias gadisan de águila nasçido en las faldas dessa agra montana”. Deixou moi novo Carcacía, a súa terra natal, para converterse en doncel de don Enrique de Aragón, momento no que coñeceu á que sería a súa amada. Viviu para un só amor e morreu dunha soa ferida, traxicamente, en Arjonilla (Xaén). Outorgáronselle, 21 poemas do Cancionero de Baena e unha lenda de namorado atrevido da que existen actualmente diversas crónicas coincidentes no seu desenlace.

GASTRONÓMICA

TERRA

¿Xogamos as adiviñanzas?
Vamos alá!

Trouxeronse dende México no século XVII por uns monxes do convento de Herbón. Encóntranse só entre os meses de Maio a Outubro. Contan con denominación de Orixe Protexida, así sendo un dos productos máis famosos do concello de Padrón. Eso sí...UNS PÍCAN E OUTROS NON!

¿Quen son?
Pois claro! Os nosos PEMENTOS DE HERBÓN!

O primeiro sábado de agosto celébrase na carballeira do Convento de San Antonio de Herbón a Festa do Pemento de Herbón, declarada de interese turístico na provincia da Coruña.

Neste evento a Orde do Pemento de Herbón concede os títulos de Cabaleiros e Damas a produtores e persoeiros que difunden e promoven o “Pemento de Herbón”.

Pódense preparar de moitos xeitos, a forma tradicional e fritilos, pero a alta cociña elaborou pratos con eles como en empanada, tempura, espeto ou tostas entre outros.