Dodro conquista.

ubicacion-dodro

Benvidos e benvidas a Dodro!

Este concello divídese en tres parroquias, San Xoán de Laíño, San Xián de Laíño e Santa María de Dodro. Santa María de Dodro, ten unha extensión de 7,20 km². As súas aldeas son sete: A Igrexa de Dodro, Dodriño, Lestrobe, Revixós, Susavila, Vigo e Cancela Abrea.

San Xián de Laíño, posúe unha superficie de 17,18 km². Comprende as aldeas da Igrexa, Eiró, Manselle, Paizal, Pexegueiro, Reboiras, Rial de Lagoa, Rialiño, Sar, Tallós, Tarrío, Traxeito e Muronovo.

San Xoán de Laíño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello. As súas aldeas son: A Devesa, Bexo, Bustelo, Castro, Imo e Teaio. Ten unha extensión é de 11,70 km².

Queres descubrir todo o que nos ofrece este concello? Imos alá!

Situada nun val, cos seus irmáns Padrón e Rois, vamos a coñecer máis o municipio de Dodro!

situacion-dodro

As neniñas de Laíño, eu direi quen elas son: collen o xunco na braña vano vender a Padrón...

CC by obaixoulla.gal

TERRAS DE IRIA

PERCORRE DODRO

compo-dodro

Evolución e uso do solo

montañita

A análise dos cambios en relación á superficie total de cada uso mostra que os usos máis estables nesta área foron o terreo agrícola, que mantivo o 63 % da súa superficie orixinal, así como o arborado procedente de plantación, que mantivo o 62 % da súa superficie anterior.

Pola contra, o cambio máis estendido foi o da repoboación forestal, especialmente en terreos con arborado procedente de revexetación e en terreos de matogueira (32 % da superficie orixinal en ambos casos). A cobertura que máis cambios sufriu foi a do arborado procedente de revexetación, que tan só mantivo un cuarto da súa superficie orixinal, mentres que máis dun terzo converteuse en arborado procedente de plantación e outro tanto en superficie agrícola (31 % da superficie orixinal). Estas transformacións foron compensadas pola revexetación, fundamentalmente de mato.

Do anteriormente mencionado extráese que, na área de Galicia Central, tanto a superficie agrícola como o arborado procedente de plantación gañan superficie, a expensas fundamentalmente do mato. Estes feitos indican un aproveitamento agroforestal intensivo da área tanto dende o punto de vista agrícola como do forestal.

parroquia-dodro

Sabías que...

AS BRAÑAS DE LAIÑO

Nas súas xunqueiras, carrizos e pasteiros nidifican moitas aves como a folosa acuática (Acrocephalus paludicola), a garza, a aguia perdiceira, o gabián, o vichelocrego ou o cardeal. En canto á vexetación atopamos Thalictrum speciosissimun da que só existen dúas citas na provincia da Coruña, Scirpus pungens, variedade de xunco da que apenas quedan exemplares, herba salgueira, ulmaria, lirios, frundio, mentas e diferentes especies de orquídeas..

mapa-solo
lenda-parroquias

Litoloxía

litoloxia-1
litoloxia-2

Arousa-Baixo Ulla

A superficie do concello de Dodro está caracterizada por ser un terreo de granitoides alcalinos, os cales constan dun conxunto de rochas ígneas de gran groso onde predominan o cuarzo, plagioclasa e feldespato alcalino.

Ademáis do anterior, según os rexistros consultados (visualizador de mapas da Informaciòn xeográfica de Galicia), tamén se pode observar concentracións de depósitos detríticos a idade cuaternaria.

lenda-litoloxia

CC by obaixoulla.gal

libro

Cultura e Patrimonio en Dodro

mapa-patrimonio-rois
lenda-patrimonio

En Dodro SOMOS cultura, patrimonio… Neste apartado facemos un percorrido polos principais elementos culturais e patrimoniais da nosa vila: elementos e lugares que representan a creatividade e a historia da nosa xente.

Consulta as nosas fichas de patrimonio:

Vive o Patrimonio Natural e Cultural en Dodro, cas súas rutas de sendeirismo, festas e demáis aspectos de interese.

A nosa primeira parada vai ser na finca do Cadaví ou Cadavid, na que se localizan dúas edificacións principais, que segundo os “límites oficiais da Xunta de Galicia”, unha emprázase no termo municipal de Dodro e outra no de Padrón. Mandada construír por José Pérez Artime, empresario radicado en Padrón que pasaba os veráns nesta parcela de sete hectáreas. Está ao lado da Finca O Carballal, que fora propiedade do seu irmán Isidoro. A edificación principal trátase dunha edificación de tres andares, con galerías e soportais, que incluso contaba cunha sala de billar. Hai tamén unha casa de labranza, bastante peor conservada, construída en pedra con estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cachotaría lucida con morteiro e pintada de cor clara. Cuberta a dúas augas con acabado de tella camba sobre armazón de madeira. Acaroada á súa fachada sur, escaleira de pedra que desembarca nunha balconada.

Seguindo a nosa ruta diriximonos ata o Cruceiro de Abelán, localizado no lugar de Abelán da Cruz, no Monte Padronelo. No cruce dos camiños que van a Teaio, Bustelo e A Devesa, antiga encrucillada, punto que separa as aldeas do monte e as do val. Por aquí discorría o Camiño Real que ía de Santiago a Rianxo pasando pola venta da Chisca e polo río da Vexa (Bexo). Descríbeo o Pai Sarmiento na súa viaxe a Galicia de 1754 e despois Lucas Labrada en 1804, explicando que a estrada era tan mala que nin cos maiores gastos se faría transitable.

Chegamos as Brañas de Laíño as cales teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o Emberiza shoeniclus subsp. lusitanica. Nas súas xunqueiras, carrizos e pasteiros nidifican moitas aves como a folosa acuática (Acrocephalus paludicola), a garza, a aguia perdiceira, o gabián, o vichelocrego ou o cardeal. En canto á vexetación atopamos Thalictrum speciosissimun da que só existen dúas citas na provincia da Coruña, Scirpus pungens, variedade de xunco da que apenas quedan exemplares, herba salgueira, ulmaria, lirios, frundio, mentas e diferentes especies de orquídeas.

Rosalía de Castro escribiu sobre as Brañas de Laíño o seguinte: Como chove miudiño, como miudiño chove, como chove miudiño, pola banda de Laíño, pola banda de Lestrobe.

Para así rematar esta pequena ruta, chegamos a igrexa de San Xian de Laíño. A actual igrexa é de boa construción barroca (século XVIII). Ten unha nave de planta rectangular, Presenta un campanario barroco integrado por dous corpos, sendo o primeiro de sección cuadrangular, que aloxa unha campá no seu interior e a segunda de sección octogonal, rematada nunha cúpula. Na parede sur da Igrexa de San Xián de Laíño localízase este reloxo de sol. ¡A ver se adiviñades que hora é!