Camiño Mar de Arousa.

ruta-arousa

Mar de Arousa.

Consellos e recomendacións.

Hai que prepararse con antelación antes de comezar o Camiño de Santiago: facer andainas as semanas anteriores, adestramentos que pouco a pouco irán aumentando en tempo e dificultade.

Planifica as etapas e como realizalas de forma personalizada. Que o Camiño se adapte ás túas capacidades físicas e obxectivos. Dosifica o esforzo e segue o teu propio ritmo. O Camiño non é unha carreira. A viaxe é tan importante como o obxectivo.

sello
barco-mar-arousa

Os portos de Ribeira e O Grove marcan a entrada á Ría de Arousa, por cuxas augas percorreu as súas últimas millas o barco do Apóstolo. A Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla é un singular itinerario marítimo e fluvial que conmemora a chegada a Galicia, por mar, do corpo do Apóstolo Santiago tralo seu martirio en Xerusalén, arredor do ano 44. Antigas tradicións cristiás e diversos textos medievais o máis importante deles, o Libro III do Codex Calixtinus, asegura que Santiago foi trasladado desde o porto de Jaffa en Palestina, por todo o Mediterráneo e a costa atlántica ibérica, ata os extremos de Occidente, onde predicara o evanxeo. Coñécese como Translatio.

O corpo de Santiago acompañado dos seus discípulos Teodoro e Atanasio entrou na Ría de Arousa e remontou o río Ulla ata chegar a Padrón, porto fluvial da cidade romana de Iria Flavia. Chegou nun barco de pedra, en probable referencia a un dos barcos que, daquela, transportaban minerais de Galicia a outros lugares do Imperio Romano.

Enclave histórico, paisaxe destacada. A ría de Arousa agocha lugares singulares, de especial significación polo seu pasado memorable, cautelosamente custodiados polas eternas e emblemáticas Torres de Catoira, testemuñas de episodios bélicos como a invasión viquinga. O peso da Historia recae noutros asentamentos que sorprenderán ao peregrín, como a necrópole de Adro Vello, en San Vicente, lugar onde se recuperou unha moeda do século XII acuñada coa imaxe da Traslatio do Apóstolo.

Ao longo do camiño, o viaxeiro descubrirá localidades costeiras que atesouran praias de area fina e espazos naturais de indudable atractivo, nunha paisaxe mariña entre as provincias da Coruña e Pontevedra dominada polas bateas e outras actividades pesqueiras.

Que visitar ao longo do camiño

catoira
sanxenxo
fefiñans
illa-faro
ruta2

Chegada a Compostela,
hora de colgar as botas.

botas-arousa

Levaches días camiñando sen parar, padeceches burbullas, dor de pés ou xeonllos, aguantaches a choiva e o sol, escalaches montes que che puxeron a proba... e por fin estás alí, diante da Catedral de Santiago de Compostela. Chegar ao Obradoiro é indescriptible. Despois de todo o que viviches, a viaxe está chegando ao seu fin e non queres que remate, pero tamén te das conta de que a partir dese momento queda menos para o teu próximo Camiño, porque o vas repetir.

Antes de volver a casa, recoméndovos pasar un tempo na capital galega. É unha cidade moi fermosa e as pedras do seu centro histórico gardan moitos segredos por descubrir. Gozar de Santiago tamén forma parte do Camiño!

catedral-arousa