Montes veciñáis e man común
 
                            A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, 
                                    corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 
                                    comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só 
                                    ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso 
                                    país, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
                                    
                                    É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas 
                                    múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a 
                                    necesidade que ten a valorización do monte como elemento de 
                                    creación de emprego e de xeración de riqueza, o goberno galego 
                                    quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar 
                                    esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía
                                    sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.
O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.
Na Comarca do Sar, contamos con cincuenta e sete (57) Montes Veciñais de 
                            Man Común. Todos eles distribuidos polos tres concellos que compoñes esta 
                            comarca, Padrón (14), Rois (41) e Dodro (2).
                            
                            A continuación, atópase a opción de visitar as especificacións de cada 
                            concello individualmente e toda a información relativa a cada un dos 
                            montes veciñais.

 
                         
                        