Camiño Portugués.

Camiño Portugués

A segunda ruta Xacobea máis popular entre os peregríns

fondo-puente-padron

CC bySpain.info


Padrón, cuna do Xacobeo, debido a que foi onde chegou o barco que transportaba o corpo do Apóstolo, é onde incia a última etapa do Camiño Portugués.

Antes de iniciar o camiño, pódese desfrutar do Paseo do Espolón, a beira do río Sar, visitar a igrexa de Santiago de Padrón, alí atópase o Pedrón onde os discípulos do Apóstolo amarraron o barco que transportaba o seu corpo, recorrer as rúas do pobo e admirar o Xardín Botánico, con distintas especies de plantas.

Partindo dende a Igrexa de Santiago de Padrón, camíñase pola zona histórica do pobo ata chegar a Iria Flavia, antiga sede episcopal.

espolon

O Xardín Botánico, declarado Ben de Interese Cultural en 1946, está considerado un referente en Galicia, grazas a súa relevancia artística.

A documentación máis antiga do Xardín Botánico data do 1869, polo tanto está considerado como un dos primeiros xardíns da xeografía española.


Patrimonio pola contorna

Xunto a Igrexa de Iria Flavia, encontramos a casa museo de Camilo José Cela, constituída no 1986 polo escritor co obxectivo de gardar os seus manuscritos, libros e documentos persoais, así como cadros e obras artísticas.

A fundación ocupa a antiga Casa dos Canónigos, construida no 1790 para que residisen os eclesiásticos que atendían os servizos relixiosos da colexiata ata a súa conversión en parroquia no 1851, logo do descubrimento dos restos do Apóstolo en Santiago.



No cemiterio podemos visitar a sepultura do Premio Nobel, situada debaixo da oliveira centenaria.

tumba


exclavitud

Santuario Nosa Señora da Excravitude

Seguindo o camiño ata Santiago, atopámonos ante o Santuario da Excravitude, de estilo barroco, datado entre os séculos XVIII e XIX.

Conta a lenda que a construcción deste santuario débese a gran doación que fixo un peregrín, que facía o camiño buscando a axuda do Apóstolo para sanar a súa enfermidade. No seu descanso xunto a fonte ao beber desa auga, milagrosamente a enfermidade que o aflixía desapareceu.

Pazo do Faramello

Se seguimos o rastro das frechas amarelas que nos sinalan o camiño, daremos con un tramo de fondrosas vides que nos levarán ata A Picaraña.

Logo de camiñar uns 800 metros entramos en O Faramello, xa no termo municipal de Rois. Alí atopamos o Pazo do Faramello, edificio do século XVIII de estilo barroco. Emblema galaico, inspirador de escritores como Rosalía de Castro e Pardo Bazán.



O pazo encóntrase aos pés do antigo castro da Raíña Lupa (Castro Lupario).

Castro_Lupario

Dende o Faramello, tomamos camiño cara a aldea de Francos, coa súa igrexa e cruceiro, éste último catalogado como un dos máis antigos de Galicia.

Cruceiro_Francos
iglesia_francos


A un pasiño de Compostela

Chegados a este punto xa abandonamos as Terras de Iria, para entrar nos concellos de Teo, Ames e finalmente o concellos de Santiago de Compostela, onde a última parada é a praza do Obradoiro, presidida pola Catedral.